Xuventudes Socialistas de Galicia

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG, Juventudes Socialistas de Galicia) es una organización política juvenil, galleguista y socialista de Galicia (España). Aunque es una organización independiente, se relaciona estatalmente, y de modo federal, con las Juventudes Socialistas de España (JSE)[1]​ y son el referente en la juventud del Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE). XSG cuenta con numerosas agrupaciones en un gran número de municipios gallegos.

Xuventudes Socialistas de Galicia
Fundación 1904
Ideología Izquierda, socialismo, socialismo democrático, federalismo, galleguismo, republicanismo
Sede Calle del Pino, 1-9 Bajo - 15704 Santiago de Compostela (La Coruña, Galicia)
País España
Afiliación internacional IUSY, ECOSY
Sitio web www.xsgalicia.org
Juventudes del Partido dos Socialistas de Galicia.
Federada con las Juventudes Socialistas de España.

Historia e ideologíaEditar

A creación de agrupacións por todo o norte foi inmediata nas zonas mineiras ou industrializadas, nas grandes cidades e nas capitais neurálxicas do movemento obreiro. Pero o nacemento das Juventudes Socialistas de España tal e como hoxe a conocemos, tivo lugar coa celebración en Bilbao, do 14 ó 16 de abril de 1906, dun congreso no que se aprobou a constitución da Federación Nacional de Juventudes Socialistas de España.

En 1908 celebrouse o II Congreso Federal, que serviu para sentar as bases ideolóxicas da organización. Así, ademais do antimilitarismo, que inspirou a creación da organización, aprobáronse resolucións que amosan a inquedanza polo ensino e a formación, ou un incipiente feminismo, que leva a admitir a creación de grupos femininos dentro das Juventudes Socialistas de España.

Entre 1908 e 1909 prodúcese un espectacular crecemento da organización, e créanse agrupacións ó longo de toda a xeografía española, pero a constitución en 1919 da III Internacional, e a definición política das Juventudes Socialistas a favor desta, fronte ó PSOE, que nun congreso extraordinario deciciu manterse na II Internacional, marca unha ruptura que cristalizou en 1921, cando un congreso extraordinario decidiu, cunha exigua diferencia, integrar á organización no recén creado Partido Comunista Obrero Español, para constituir a Federación de Juventudes Comunistas. Non sería ata 1925 cando un grupo de xóvenes decidiu reorganizar as Juventudes Socialistas coa celebración do I Congreso Nacional das JSE, denominado como o da Refundación, que tamén decidiu a reincorporación ó PSOE. Comezou así unha nova etapa caracterizada polo baixo perfil político das Juventudes Socialistas, moi controladas pola dirección do PSOE, quen temía que se repetise o ocorrido en 1921.

O III Congreso Nacional das JSE, celebrado en Maio de 1929, marcou un xiro nos posicionamentos políticos da organización, que se atreve a esbozar un programa político e reivindicativo propio, que se consolidaría no congreso celebrado en 1932. Coa caída da dictadura, iníciase en España un proceso revolucionario que desemboca na proclamación da II República, o 14 de abril de 1931, que supón un espectacular crecemento da organización, que pasa dos 1500 militantes no congreso de 1929 a 12000 no seu congreso de 1932

O Congreso de 1932, por outra banda, sería a panca de impulso definitivo á organización. Recóllense unha serie de resolucións, na práctica un programa de actuación reivindicativa en tódalas ordes, xunto cunha análise seria da situación políitica e económica. Ademais tamén se fixaron as normas para crear as milicias socialistas (grupos que contrarrestaban os ataques mediáticos e públicos da dereita, mediante a difusión e explicación dos proxectos levados a cabo polo Goberno da República) O V Congreso das Juventudes Socialistas de España celebrouse en abril de 1934 en el elexiuse unha nova dirección, que propiciou a unificación en 1936, das Juventudes Socialistas de España e a Unión de Jóvenes Comunistas de España, baixo a denominación de Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) e con Santiago Carrillo como Secretario Xeral

Pero en marzo de 1939, xóvenes socialistas de toda a España Republicana, reuníronse en Madrid e decidiron reconstruir a Federación Nacional de Juventudes Socialistas, despois de que as Juventudes Socialistas Unificadas destruíran a tódolos dirixentes contrarios á súa radicalización e o seu paso ó Partido Comunista. Trala Guerra Civil, coa maioría da militancia no exilio, en prisión ou vivindo na clandestinidade, houbo varios intentos de reconstruir a organización dende o exterior, pero sería en abril de 1945 cando se celebrou en Toulouse un Congreso no que se decidiu a constitución dunha única Federación de JSE, con sede nesa cidade francesa A reorganización no interior foi máis dura debido ás condicións de persecución e exterminio de toda a militancia da esquerda que non puido saír de España. Os primeiros contactos organizativos tiveron lugar nas cárceres e campos de concentración, e en realidade foron xóvenes socialistas quenes asumiron a gran tarefa de agrupar, reconstruir e manter viva a organización socialista durante toda a etapa da dictadura

A principios dos anos 70 a militancia no interior comeza a tomar protagonismo que se consolida a partires do XI Congreso celebrado en Lisboa en 1975. O 19 de Febreiro de 1977 Juventudes Socialistas de España convírtese nunha organización legal, e en setembro dese mesmo ano celébrase baixo o lema \\\\\\\"Fagamos Crecer o Socialismo\\\\\\\", o XIII Congreso das JSE, no que se realiza un grande esforzo para axeitar a organización a unha estratexia marcada pola realización dunha política específicamente xuveníl. A Carta constitucional da xuventude, na que se recollían as reivindicacións xuvenís que se pretendían incorporar na Constitución, que naquel entonces comezou a elaborarse, supuxo o referente político de Juventudes Socialistas A victoria do PSOE en 1982, foi para os xóvenes socialistas un momento de grande esperanza e ilusión, pero tamén provocou momentos de grande tensión no seo da organización, que non sempre se mostrou dacordo coas decisións tomadas dende o Goberno Seguiron anos de intensos cambios tanto no político coma no social, e Juventudes Socialistas tivo que adoptar no seu ideario político as novas necesidades sociais que ían xurdindo.

A principios dos 90, a desmobilización da xuventude e o xiro cara a dereita experimentado polo voto xoven, marcaron a necesidade de plantexar un cambio organizativo que servise para abrirse á xuventude. No congreso de 1993 puxéronse as bases dese cambio, que se materializou no celebrado en 1996, onde se estableceron novas formas de traballo, presididas pola necesidade de atacar frontalmente o conservadurismo, proover as opcións da xuventude, e implicarse directamente no debate da familia socialista. Esta línea de renovación e de maior implicación da organización naqueles foros nos que os xóvenes estaban presentes, especialmente no CJE, reforzouse a partires do XXI Congreso celebrado no 2000. Este congreso, ademais trouxo consigo un cambio nas relacións das Juventudes Socialistas co PSOE. Juventudes Socialistas voltaba a participar nos órganos de decisión do partido con voz e voto, o que ampliaba a capacidade da organización para facerse escoitar, e ó mesmo tempo trasladar a voz dos xóvenes ó Partido.

Deste modo, impúxose un modelo de traballo, que segue vixente, no que os xóvenes socialistas teñen consolidado o seu papel como intermediarios entre o PSOE e os xóvenese viceversa. Un período que estivo marcado pola presencia dos xóvenes socialistas na rúa, nas universidade e centros de ensino secundario; por unha activa participación dentro do movemento asociativo xuveníl, a colaboración cos movementos sociais e unha intensa actividade política, que ten permitido trasladar as inquedanzas dos xóvenes e os seus problemas ós principais ámbitos de decisión do partido, e transformalas en compromisos, e finalmente políticas concretas.

SimbologíaEditar

Su logotipo es un puño y una estrella roja de cinco puntas sobre la bandera de Galicia.

Véase tambiénEditar

ReferenciasEditar

  1. Estatutos Nacionais

Enlaces externosEditar