Usuario:Athalberas/Taller
Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
editarO Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame de poesía erótica celebrado no Concello de Malpica desde o ano 2006, convocado pola editorial Caldeirón e o propio concello. O certame conta cun premio dotado de mil euros á mellor obra inédita presentada de poesía erótica escrita en lingua galega; é o referente da poesía erótica na Galiza.
Otros
O certame
editarO certame foi creado por Paco de Tano e Paco Souto,[1] que se coñeceran de forma casual na taberna A Barquiña. Pronto publicaron dous libros e fixeron algún recital de poesía, ademais de fundar a editorial Caldeirón. Máis adiante decidiron, coa axuda do concello de Malpica, crear o certame de poesía erótica Illas Sisargas. Este recibe o nome por un pequeno arquipélago de tres illas pertencentes ao concello de Malpica de Bergantiños, na Costa da Morte.
Bases
editarAs bases[2] do XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas foron as seguintes:
- Poderán optar ao premio todos os autores de calquera nacionalidade, que presenten obras inéditas de temática erótica non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega.
- Os convocantes establecen un premio único dotado con 1.000 € e a publicación da obra premiada na colección Caldeirón, reservándose durante un prazo de dezaoito meses os dereitos de editala e entregarán ao/á gañador/a trinta exemplares.
- As obras que serán de temática erótica, terán unha extensión inferior a seiscentos versos, e presentaranse por triplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN-A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados. As obras presentaranse baixo un título ou lema, achegados de plica na que conste o título e/ou o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono
- O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de setembro de dous mil dezasete, e deberán enviarse ao Concello de Malpica de Bergantiños Avda. Emilio González López 1, 15113 Malpica de Bergantiños, indicando no sobre “XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas”.
- O xurado estará composto por un representante do Concello de Malpica proposto polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, un representante da Asociación Cultural Caldeirón proposto polo Presidente desta entidade e o gañador/a do certame inmediatamente anterior a esta convocatoria, quen poderá ser substituído por outra persoa de relevancia nas letras no caso de que, non lle fose posible acepta-la súa participación. Actuará como secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica, e no seu defecto poderá ser nomeado polo Presidente da A.C.Caldeirón.
- Os participantes terán a obriga de comunicar á organización a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do concurso. O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, sendo necesaria a asistencia dos dous tercios dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O premio poderá ser declarado deserto ou compartido “ex-aequo” por varios autores/as se o xurado o estima conveniente. A decisión do xurado terá lugar no mes de novembro de 2017 e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación no marco da Cea das Letras na cal deberá estar presente o/a gañador/a do certame.
- Non se manterá correspondencia sobre as obras presentadas. Agora ben, os interesados poderán retirar das oficinas do Concello de Malpica, Departamento de Educación e Cultura, as obras non premiadas, no mes seguinte ao fallo do xurado, a partir do día seguinte serán destruídas.
- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
Participación
editarSó se conta co número de participantes desde a VII edición.
Edición | Número de obras presentadas |
---|---|
VII | trece[3] |
VIII | quince[4] |
IX | vintecatro[5] |
XI | dezanove[6] |
XII | vinteunha[7] |
Premiados
editarAs obras dos autores premiados son as seguintes:
Edición | Ano | Autor | Obra | Motivación |
---|---|---|---|---|
I | 2006 | Antonio García Teijeiro | Arredor do teu corpo | [8] |
II | 2007 | Alberte Momán | Baile Átha Cliath | [8] |
III | 2008 | Enma Pedreira | Xoguetes póstumos | [8] |
IV | 2009 | Eli Ríos e Eduardo Estévez | Rúa da cancela | [8] |
V | 2010 | María Lado | Amantes | Maniféstase desde un ton confidencial, un deixarche as palabras no oído, desde unha proximidade que acende as pedras desde a frescura da picardía, ás veces tan explícita e outras veces é menos explícita mais non desaparece o ton confidencial e non lle resulta ao lector complicado atopala nunha expresión que sempre procura a naturalidade de escenarios dométicos ou coñecidos.[9] |
VI | 2011 | Elvira Ribeiro | Carnia Haikai | [10] |
VII | 2012 | Mercedes Leobalde | Chamádeme Eva | Un léxico claro, sinxelo, eficiente, un uso coidado da lingua e fermosas imaxes[3] |
VIII | 2013 | Ramón Neto | Dominio público | Un poemario dunha gran modernidade, variado, fresco e enxeñoso sen renunciar con todo a certas referencias culturais, cinéfilas e pictóricas- e dunha notable calidade literaria[4] |
IX | 2014 | Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán | O episodio | Unha proposta literaria “arriscada”[5] |
X | 2015 | Mário J. Herrero Valeiro | A razón do perverso | O libro é unha estrutura fechada que se entende perfectamente. O palimpsesto fica á interpretación de cada quen. Hai cousas evidentes, e cousas menos evidentes[11] |
XI | 2016 | Xabier Queipo | O home invisíbel | A perfeita estructura do libro con elementos recurrentes en formación de bucle. Así como o coidado uso da lingua a fornecer unha intensa e heterodoxa carga erótica[6] |
XII | 2017 | Andrea Nunes e María Rosendo | Diáspora de amor balea | Pola riqueza e fondura da súa expresión metafórica, que permite construír un libro de poesía amorosa cunha marcada e explícita vontade erótica[7] |
Dos quince autores gañadores ao longo das doce edicións do certame, hai total de oito mulleres e sete homes. Alberte Momán foi o único autor que gañou o concurso en máis dunha ocasión.
Homenaxe a Paco Souto
editarO XII foi en homenaxe a Paco Souto,[12] responsable de Caldeirón e do concurso, que faleceu mentres mariscaba o ano anterior. Unha das propostas que se barallaron foi o cambio de nome do propio certame, pero Paco de Tano explicou que finalmente desestimouse “porque a fin de contas foi el o que lle puxo o nome de Illas Sisargas”. Do papel fundamental que xogou Paco Souto na historia do certame falou tamén o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e nese sentido considera que é preciso lembrar a súa figura.
Notas
editar- ↑ «Editorial Caldeirón». caldeiron.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ «Bases do certame». Asociación Cultural Caldeirón.
- ↑ a b «Mercedes Leobalde faise co VII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ a b «Fallado o VIII Certame de poesía erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ a b «O episodio, de Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, é a gañadora do IX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ a b «Xavier Queipo gaña o premio de poesía erótica Illas Sisargas con O Home Invisíbel | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ a b «Andrea Nunes e María Rosendo gañan o premio Illas Sisargas de poesía erótica | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ a b c d «Premio Illas Sisargas – Editorial Caldeirón». caldeiron.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ «Os Amantes de María Lado». Que pasa na costa (en gl-ES). 26 de julio de 2012. Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ «Elvira Riveiro gaña o Certame de poesía erótica Illas Sisargas con carnia haikai | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ «Mário Herrero gaña o X Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas | ::Axenda cultural AELG::». axendaaelg.blogaliza.org (en gl-ES). Consultado el 21 de marzo de 2018.
- ↑ «O XII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas chega en homenaxe a Paco Souto». Que pasa na costa (en gl-ES). 23 de mayo de 2017. Consultado el 21 de marzo de 2018.