Usuario:Joamma/Taller


Bamad Galicia

Bamad Galicia[1] é unha asociación sen ánimo de lucro de arquiveiros, bibliotecarios, museólogos e documentalistas de Galicia. Creada en 1981 como Anabad Galicia e Federada en Fesabid[2]​ e na CAA[3]​.

Logotipo da Asociación de Bibliotecarios, Arquivistas, Museólogos e Documentalistas de Galicia, Bamad Galicia

Historia

editar

Bamad Galicia aparece con este nome en setembro de 2014, anteriormente denominábase Anabad Galicia, asociación Federada en Anabad que foi constituída na Coruña en 1982... En 2014 abandona a Federación Anabad[nota 1]​ e cambia o seu acrónimo e logotipo a Bamad Galicia.

Federación

editar

Bamad Galicia forma parte de:

  • Fesabid: Federación Española de Asociaciones de Bibliotecariós y Documentalistas
  • CAA: Coordinadora de Asociaciones de Archiveros

Asociarse

editar

BAMAD Galicia está aberta a:

  • Os Diplomados en Biblioteconomía e Documentación e Licenciados en Documentación.
  • Todas aquelas persoas que exerzan funcións técnicas e profesionais en Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ou organizacións relacionadas con estes servizos, radicadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Como socios institucionais os Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ubicados no territorio da Comunidade Galega así como a calquera outra organización que desenvolva a súa actividade nestes campos.
  • Como socios protectores aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten á Asociación unha eficiente axuda moral ou material a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asamblea Xeral.
  • Como socios honorarios aqueles que se destacaren polos seus relevantes méritos culturais, científicos ou técnicos en relación cos Arquitos, Bibliotecas, Museos e cos Centros de Documentación de Galicia, que sean acreedores de ser recibidos na Asociación como tales a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asemblea Xeral.

Fins da asociación

editar
  • Establecer canais de información e de relación cos poderes institucionais implicados no ámbito de actuación dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación.
  • Promover unha formación de calidade dos profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación, e establecer liñas de actuación para mellorar as condicións laborais e marcar as condicións profesionais e técnicas que corresponden ao desenvolvemento das súas competencias laborais.
  • Elaborar programas de actuación que favorezan o coñecemento da situación laboral galega no seu ámbito de actuación e axuden ao seu desenvolvemento.
  • Representar aos asociados ante os organismos e entidades nacionais e internacionais.

Liñas estratéxicas 2012-2015

editar
  • Defensa activa dos profesionais e do seu traballo.
  • Consolidación dos plans de formación.
  • Creación de grupos de traballo internos e participación nos grupos de traballo de FESABID e da Coordinadora de Asociacións de Arquiveiros.
  • Fortalecer a comunicación interna e externa da asociación, e aumentar a transparencia da xestión da mesma.

Directiva

editar

A actual xunta directiva de BAMAD Galicia foi nomeada o 30 de xaneiro de 2015 e está composta por:

  • Presidencia: Olimpia López Rodríguez: Xefa da Sección do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia en Lugo.
  • Vicepresidencia: Isabel Buján Bernárdez: Arquiveira-bibliotecaria Concello de Culleredo
  • Secretaría: Xoán Manuel Pérez Lijó: Xestor de Información
  • Tesouraría: Marta Alonso Gómez: Servizo Municipal de Bibliotecas Concello da Coruña
  • Vogalía documentación: Julio Pesquero Murillo: Servizo Municipal de Bibliotecas Concello da Coruña
  • Vogalía bibliotecas: Anxo Alberte Gil: Director da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo
  • Vogalía arquivos: Mª Dolores Pereira Oliveira: Directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo
  • Vogalía museos: Tomás Evaristo Fernández Fuentes: Museos da Coruña

Bibliografía

editar

Actas das I Xornadas de arquivos, bibliotecas, centros de documentación e museos de Galicia. A Coruña: Anabad. 1987. 

I Xornadas Anabad Galicia. A Coruña: Anabad Galicia. 1997. 

III Xornadas Anabad Galicia. A Coruña: Anabad Galicia. 1999. 

Lombao, David; Dopico, Montse (2014). «Afoga a cultura: Corrpo a terra». Luzes (12). 

Referencias

editar
  1. A Federación Española de Asociacións de Arquivistas, Bibliotecarios, Arqueólogos, Museólogos e Documentalistas (ANABAD) é unha entidade sen ánimo de lucro, destinada a agrupar aquelas persoas que se ocupan profesionalmente dos arquivos, as bibliotecas, os museos, os centros de documentación e información

Ligazóns externas

editar