Usuario:LiteGalMalicia/Taller
Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
editarO Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia ao mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero escrita en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.
Historia
editarEste galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas institucións xuntaron os premios para achegar a este un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a contía económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa, ascendendo así a contía a 3000 euros. Este premio reflexa o percorrido da obra de Ramón Piñeiro, facendo honra ao seu espírito libre e democrático tratando de incrementar a creación en lingua galega, así como facendo reflexionar sobre os problemas do momento .
Características do Premio
editar- Poderán participar todas as persoas que o desexen.
- Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega.
- A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 carácteres.
- O tema dos ensaios é libre.
- Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’.
- Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.
Lista de premiados e obras
editar- 2000 - Basilio Lourenço Fondevila, por A submisión das masa. Do poder do progreso ao progreso do poder
- 2002 - Anxo A. Rei Ballesteros, por Tempo e vinganza
- 2003 - Xosé Luís Barreiro Rivas, por A terra quere pobo
- 2004 - Teresa Moure, por Outro idioma é posible
- 2005 - Rebeca Baceiredo, por O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo
- 2006 - Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero, por Psicopatoloxía do retorno
- 2007 - María López Sández, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio
- 2008 - Xosé Ramón Quintana Garrido, Un longo e tortuoso camiño
- 2009 - Manuel Pérez Rúa, por Domingos de calcetíns brancos. Retratos do cambio social na xeración do 1950
- 2010 - Ramón Máiz, por A arte do imposible
- 2011 - Teresa Moure, por Queer-emos un mundo novo
- 2012 - Xaime Subiela, por Para que nos serve Galiza?
- 2013 - Teresa Moure, María Durán Medraño, por Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx
Referencias
editarEnlaces externos
editar- http://elpais.com/diario/2011/12/29/galicia/1325157501_850215.html
- http://eldia.es/agencias/7903707-GALICIA-Luis-Garcia-Soto-gana-XIV-Premio-Ramon-Pineiro-Ensayo-obra-Roland-Barthes
- http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/luis-garcia-soto-gana-xiv-premio-ramon-pineiro-ensayo/idEdicion-2015-01-19/idNoticia-911575/
- http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/profesor-da-usc-luis-garcia-soto-gana-xiv-premio-ramon-pineiro-ensaio/idEdicion-2015-01-21/idNoticia-911873/
- http://empresas.galiciadigital.com/gl/noticia/1741
- http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/01/20/o-profesor-luis-garcia-gana/1168408.html